A nosa empresa

Capitalise on low hanging fruit to identify a ballpark value added activity to beta test. Override the digital divide with additional clickthroughs.
MONTAXES JATO

A Nosa empresa

MONTAXES JATO SL é unha microempresa con sede en Lugo que leva dende 2019 dedicada a ofrecer solucións industriais integrais. Combinamos coñecementos técnicos e unha estreita relación para executar proxectos de montaxe, instalación e mantemento con precisión e seguridade.

Conoce todos nuestros servicios



Montaxe e instalación de estruturas metálicas

Servizo especializado na montaxe e instalación de estruturas metálicas seguras e de alta precisión.

Mantemento industrial

Servizo integral de mantemento industrial para optimizar as operacións e prolongar a vida útil dos equipos.

Atención personalizada

Podes contactar con nós no noso email info@montaxesjato.com ou no noso teléfono 699 710 250

Especialización

Especializámonos na industria láctea, centrándonos nunha das mellores fábricas da provincia de Lugo, así como noutras do sector alimentario. Esta experiencia permítenos comprender a fondo os requisitos de hixiene, seguridade e eficiencia da industria alimentaria, aplicando sempre as mellores prácticas.

Necesitas solicitar información?




Qué facemos

Ofrecemos servizos integrais e personalizados para instalacións industriais e estruturas metálicas, entre os que destacan:

Montaxe e instalación de estruturas e elementos metálicos.


Fabricación e carpintería metálica a medida.


Traballos de soldadura para reparacións e montaxes.


Mantemento industrial preventivo e correctivo.


Reparacións e adecuacións de instalacións industriais.


Colaboracións estratéxicas

Para ofrecer un servizo máis completo, traballamos en estreita colaboración cunha empresa de enxeñaría, unha empresa de automatización e unha empresa especializada en illamento.

Tamén traballamos cos mellores provedores en termos de calidade e prezo, o que nos permite garantir materiais fiables e competitivos axeitados para cada proxecto.

O noso enfoque

Traballamos cunha metodoloxía práctica e orientada a resultados: diagnóstico claro, proposta técnica personalizada e execución controlada. Como pequena empresa, garantimos a comunicación directa co cliente, tempos de resposta rápidos e seguimento continuo in situ. Priorizamos a seguridade, o cumprimento normativo e a durabilidade do proxecto.

Sectores e clientes

Prestamos servizo principalmente a empresas das industrias láctea e alimentaria, así como a talleres, empresas de construción e outras industrias que requiren instalacións, mantemento ou renovacións industriais fiables e personalizadas.

O noso compromiso

Ofrecemos claridade no presupuesto, cumprimento de prazos e garantías de proxecto. Se estás a buscar unha empresa técnica, especializada e con recursos para as túas instalacións, MONTAXES JATO te damos a solución.

Qué é o que nos diferencia?


Especialización na industria láctea e alimentaria.
Servizo personalizado e flexibilidade para adaptarnos a proxectos de distinto tamaño.
Experiencia práctica en montaxe e mantemento que permite solucións eficaces e executables.
Colaboración con especialistas que amplían o noso alcance técnico.
Materiales de proveedores seleccionados polo seu excelente relación calidade/prezo.
Compromiso coa calidade e a seguridade en cada intervención.


MONTAXES JATO
Especialistas na montaxe e instalación de estruturas metálicas, soldadura, mantemento industrial e carpintería metálica. Dende 2019 traballamos con compromiso para que cada proxecto sexa un éxito.

CONTACTO

Séguenos nas nosas redes sociais